Ruta do Azúmara

[GAL] O pasado domingo 21 de xullo o programa Terras de Auga e Cultura levounos a percorrer a Ruta de Azúmara, 7 km entre o Castro de Viladonga e Castro do Rei.

O percorrido sae dun dos castros mellor estudados, con ocupación desde o século II a.C. ata o V d.C. que ten ao carón un estupendo museo para explicar os seus contidos. A ruta está ben sinalizada e bastante sombreada por ir bordeando o río Azúmara, afluente do Miño. Pasa por varios muíños e unha antiga mina da que aínda a mediados do século XX se extraía arsénico. O destino é outro castro, que na Idade Media foi ocupado por unha fortaleza e na actualidade é o conxunto histórico artístico de Castro do Rei. Na carballeira ao pé do concello celébrase en domingos alternos unha pequena feira.

[ESP] El pasado domingo 21 de julio el programa Terras de Auga e Cultura nos llevó a recorrer la Ruta de Azúmara, 7 km entre el Castro de Viladonga y Castro do Rei.

El itinerario sale de uno de los castros mejor estudiados, con ocupación desde el siglo II a.C. hasta el V d.C. que a su lado dispone de un estupendo museo para explicar sus contenidos. La ruta está bien señalizada y bastante sombreada por ir bordeando el río Azúmara, afluente del Miño. Pasa por varios molinos y una antigua mina de la que aún a mediados del siglo XX se extraía arsénico. El punto final es otro castro, que en la Edad Media fue ocupado por unha fortaleza y en la actualidad es el conjunto histórico artístico de Castro do Rei. En el parque al pie del ayuntamiento se celebra en domingos alternos una pequeña feria.

[ENG] Last Sunday, July 21st, the Terras de Auga e Cultura program took us to the Azumara Trail: 7 km between the Viladonga Hillfort and Castro do Rei.

The walk departs from one of the best researched Iron Age hillforts, inhabited from the 2nd Century B.C. through the 5th Century A.D., with an excellent museum on site to exhibit the finds. The trail is signed properly and is quite shady as it follows the banks of the river Azumara, tributary of the Miño. It passes by several watermills and an abandoned mine where Arsenic was still being extracted half a century ago. The end is at another castro, where a forteress stood in the Middle Ages which was replaced by the present charming little town of Castro do Rei. Every second Sunday there is a small market at the park in front of the town hall.