Arde Lucus 2019

[GAL] Onte as tropas impeirais cruzaron a ponte, e Roma tomou a cidade. Ata o vindeiro domingo 16 de xuño, lucenses e visitantes celebramos a nosa historia como o terían feito hai séculos Apana e Philtates.

[ESP] Ayer las tropas imperiales cruzaron el puente, y Roma tomó la ciudad. Hasta el próximo domingo 16 de junio, lucenses y visitantes celebramos nuestra historia como lo habrían hecho hace siglos Apana y Philtates.

[ENG] Yesterday, the Imperial troops crossed the bridge, and Rome occupied the city. Until next Sunday, June 16th, Lugo citizen and visitors celebrate our history like Apana and Philtates would have done centuries ago.

Grazas a / Gracias a / Thanks to:

Ara Roma, Asemblearias Lucus Augusti, Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Clan de Breogán, Cohors III Lucensium, Guardia Pretoriana, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Lugndunum, Mercenarios Galaicos, Pax Romana Lucus, Salesiani Luci Augusti, Senatus Lucus Augusti, Terra Copora, Tir na N’og, Trebas Galaicas, Vestales Lucus Augusti

Diis Manibus Sacrum, Philtates

Terras de Auga e Cultura 2019

O Concello de Lugo, a través da súa Concellalía de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua ofrece un ano máis este popular programa de andainas, que para 2019 consta de 40 rutas. As de temática Patrimonio e Antropoloxía farémolas guías oficiais de turismo.

O pasado domingo 31 de marzo comezamos cun percorrido lembrando os Fidalgos e Labregos no Camiño Primitivo. Botamos a andar desde o alto da Vacariza (marco kilométrico do Camiño 126,736) e baixamos a través dos montes veciñais polo desvío de Vilabade.

Despois doutra voltiña para admirarmos a Fortaleza, xantamos en Castroverde (marco kilométrico 120, 719) onde se estaba a celebrar a feira. A dixestión fixémola polo camiño adiante, con pequenas paradas como a de Souto de Torres.

Entretivémonos no albergue novo da Pociña de Muñiz e no desvío polo núcleo en ruínas de Soutomerille, pero chegamos ao límite entre as parroquias de Gondar e Bascuas no Concello de Lugo (marco kilométrico 111,680). Tivemos moita sorte co tempo e a compaña! Grazas a todos e todas!

Agradecementos

[GAL] Hai catro meses, pola Xornada Mundial do Turismo e dos Guías de Turismo o 21 de febreiro de 2018 celebrábamos a accesibilidade dos principais monumentos de Lugo. Grazas a ADACE, ASPNAIS, Auxilia, COGAMI e a ONCE por participardes da festa!

 

[ESP] Hace cuatro meses, por la Jornada Mundial del Turismo y de los Guías de Turismo el 12 de febrero de 2018 celebrábamos la accesibilidad de los principales monumenos de Lugo. ¡Gracias a ADACE, ASPNAIS, Auxilia, COGAMI y la ONCE por participar en la fiesta!

 

[ENG] Four months ago for the World Tourism and International Tourist Guide Day February, 21st 2018 we celebrated the accessibility  of Lugo’s main monuments. ¡Thanks to ADACE, ASPNAIS, Auxilia, COGAMI and ONCE for joining the party!